sexta-feira, janeiro 05, 2007

Xustiza ?

Sempre que vexo no televisor eses rebumbios que se forman diante das comisarías ou dos xulgados nos que anónimos cidadáns de proveito insultan con covardía ao detido, asáltame unha dúbida: Quen é peor ? O presunto asasino ou os seus linchadores ? Eu, dende logo, temo moito máis a eses gardiáns morais que se agachan entre a multitude.
Ven isto a conta das noxentas imaxes do ditador na forca morrendo entre insultos e desprezos. Cumpríase así, ao máis puro xeito texano, a sentenza ditada por un tribunal iléxitimo nun país cun goberno monicreque cegado pola sede de vinganza e guiado só pola lei do ollo por ollo.
Eu,case prefiro que os ditadores morran na súa cama de vellos a que o fagan así.

1 comentário:

Anónimo disse...

Home folerpa, de vellos sí pero a poder ser cumprindo condena por todas as atrocidades que cometeron e non que anden de paseo e recibindo homenaxes ... ou que os arresten no seu domicilio e non vaian o cárcere por problemiñas de saúde. Pobriños eles.. Xustixa? Aos que sufriron en carne propia o seu horror e barbarie pode que só lles queda o insulto e o desprezo ...
Concordo contido no das noxentas imaxes de Sadam na forca. Un día tras outro as noticias da mañá, do mediodía ... amosaban nesas imaxes o civilizados e respetuosos que son os medios de comunicación occidentais. ..