Miguel Fernández Cuevas, o bisavó dos meus fillos, marchou a Cuba arredor do ano 1918 e regresou no ano 30. Das mornas augas do Caribe trouxo un gran baúl e moitos silencios. Xamais contou nada do que alí lle pasara, xamais. Hoxe, daquela estancia súa nas terras cubanas fican o baúl acarunchado, unha carta dun amigo que ficou alá, o billete do seu regreso en barco, unha tarxeta postal coa súa propia fotografía con canotié sacada no estudio de R. Testar na avda. de Italia nº 53, algunhas outras estampas tropicais de anónimos protagonistas e o seu carné de membro do Centro Galego da Habana. Pouca cousa para todo o que debeu ver naquelas calorosas e vizosas noites no Malecón.
quinta-feira, setembro 20, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
As veces o mais importante das historias son os silencios, o que non se conta.
Levas razón no dos silencios,Raposo, pero nestee caso ese silencio supón un oco baleiro na nosa pequena memoria histórica familiar que agardo ser quen de encher un día, aínda que sexa dun xeito literario.
Enviar um comentário