O xoves pasado un xurado reunido en Madrid tivo a ben conceder por unanimidade á miña novela O Carteiro de Karrada o Premio Ala Delta de Literatura Infantil na súa 18 edición. Podedes imaxinar como estou, non é necesario que volo diga.
Amais teño que confesar que nestes tempos en que a nosa lingua está recibindo tantos ataques, só hai que ver os comentarios e viñetas dalgúns diarios nacionais, este recoñecemento a unha obra escrita en galego que competía cun feixe de orixinais en castelán, euskera e catalá éncheme dun orgullo que vai moito máis alá do persoal, pois é a primera vez que unha obra en galego gaña o Ala Delta.
Este premio non me pertence só a min. Estou seguro que hoxe non estaría contando isto senón tivese atopado a un editor modélico como Ignacio Chao e a un extraordinario crítico como Martin Pawley, grazas de verdade a ambos os dous polos seus consellos e pola súa amizade.

30 comentarios:
Parabéns, moitísimos parabéns. Haberá que tomarlle algo, non si?
Noraboa!
Acabo de entrar no teu blog e é unha ledicia ler tan boas novas. MOITOS PARABÉNS e unha aperta grande dende Ribeira. Chus.
Estou no cíber da Praza da Princesa. Entrei por saber como segue o blogomillo durante as vacacións e atopo esta agradable sorpresa.Parabéns, enormes parabéns. Agardo que teñamos ocasión de tomarlle algo estes días para o festexar. Unha aperta.
Noraboa, Folerpa! :)
Apertas e parabéns... e que dure a alegría :)
Súmome á parabenización.
E devezo por ler a obra.
Unha aperta.
Moitos parabéns.
Espero ler pronto a súa nova obra. Ánimo e a seguir traballando/disfrutando.
Moita sgrzas a todas e a todos. Beizóns para vos por seguires aí.
Parabéns enormes. Unha gran alegría compartida e como dixo o Pawley unha gran noticia para a Literatura Galega
Parabéns Folerpa! Estaba claro que o gusto que me deixaron o Sari e máis os Rinocerontes era indicativo dun talento recoñecíbel.
Veña!!!!! outro premio máis para a literatura infantil e xuvenil galega. E nos últimos tempos xa van... Parabéns!!!
Beizóns!!!1
¡¡¡Noraboísima!!! (Non me extraña premio ningún se ó ben que escrebe se lle engaden a fermosa edición do señor Ignacio Chao)
¡E adiante!
Un alegrase sempre das cousas boas acaidas na veciñanza. E mais se, como semella, son merecidas.
Parabéns
Moitas grazas a todas e a todos. E un gustazo ver que tanta xente se alegra do éxito dun. Unh aperta.
Xa vexo que os meus parabéns chegan con algo de atraso, mais nunca é tarde para compartir noticias tan boas. Moi ben, si, señor! E que sigan as alfaias!
Parabéns!!
Noraboa Folerpa! apuntado este cartero para ler a sua historia.
Magnífica boa nova. Parabéns e a seguir así.
Os parabéns nun chegan con atraso Agustín, moitas grazas, e tamén a Xesús, a Torredebabel e a Bouzafría.
Noraboa polo premio.
Felicidades, pois.
Felicidades por el premio. Lo que vi en la nota de prensa ya me abrió la sed de leerlo. Parabéns!
parabens, só fai falta tempo e todo vai acontecendo.moet
Dobre noraboa: unha para ti e outr para a lingua galega.
Chego tarde pero chego: noraboa.
Xa se acabou o licor cafe mais non importa, aínda relocen as estrelas no ceu.
Noraboa e longa vida de premios.
son o último? (pero non o menos felicitador?)
Aos que din que chegan tarde, lembrade aquilo de que os últimos serán os primeiros. Moitas grazas.
Enviar um comentário