segunda-feira, setembro 17, 2007

A vida segue...



Despois destes días de vertixe, nos que andei co subidón, hoxe, por fin aterro e pouso ós pés no chan. Abrirei de novo o portátil e comezarei unha nova travesía literaria, que como case sempre levarame moi lonxe do país durante varios meses.
O que vedes aí enriba, na foto, é un agasallo que me fixo meu fillo. Preocupado como andaba por ver que non me entregaban copa ou galardón ningún polo premio, decidiu facerme esta chapa cunha maquiniña que ten. Amais, el e súa irmá argallaron unha tropical canción e todos os días cando chego a casa, aparecen desfilando polo corredor berrando: ¡Ala Delta, cha, cha, cha, cha! ¡Ala delta...!

1 comentário:

Anónimo disse...

Hai anos, despois de gañar eu un premio de poesía, o meu cativo, que daquela tería uns tres anos, gabábase diante dun amigo de que seu pai saía no Faro de Vigo recollendo unha especie de escultura. O outro cativo, da mesma idade, preguntoulle a seu pai, que estaba alí con nós, se el gañara algún premio. O pai dixo que non. Dito isto, o neno ollou para o meu fillo moi serio e, cheo de mala uva, espetoulle: "pero o meu pai ten pelo".
Parabéns merecidos, Marcos.