quarta-feira, outubro 17, 2007

AD AUGUSTA, PER ANGUSTA





No deixa de ser irónico, que o meu particular paso das Termópilas no blogue (este é o post 300) sexa para mostrar a miña solidaridade cos Aduaneiros e coa súa viñeta, que desatou a ira da nosa telexénica e ínclita poeta, que pouco savoir faire ma chere.

De todos os xeitos concordo co que di Calidonia, e o que non podo facer e solidarizarme con moitos dos anónimos comentarios que seguían a viñeta, e que máis que inxuriosos en concreto son sexistas en xeral. Con suprimilos todo arranxado, mais seica a nosa primma donna non se vía con esa toga sanguenta e prentendía que se suprimise tamén a imaxe. Volvo a repetir, que pouco savoir faire ma chere.
Esclarecedora e definitiva a reconstrución dos feitos do insigne ShS, ante ela non hai nada máis que dicir. Cada un que saque as súas conclusións, xa sodes todos maiorciños.

4 comentários:

Anónimo disse...

a min o xeito de actuar de Yolanda castaño non me pareceu nunca admirable. E aburre o seu desmedido afán de protagonismo, oco, superficial, cargante. Isto non é unha inxuria, é a miña opinión... E o de escribir o mesmo, pero é só a miña opinión, sen sexismo.

Anónimo disse...

Coincido co dito. Se hai comentarios inxuriosos teñen que sacalos. Pero o de pedir que retiren o retrato da túnica paréceme infantil caprichoso. E hai sente que non merece nen o esforzo de debuxala. Qué pouca autocrítica.

Raposo disse...

Coincido co que xa dixeron. Vai de prota, é superficial, listilla, engreida. Non a aturo, meu.

folerpa disse...

Raposo, por favor, modere a súa linguaxe que non quero recibir eu tamén unha carta de Don Pedro Carvajal de la Torre.