segunda-feira, junho 16, 2008

Cativos


O xoves pasado unha chamada desas que arrepían a calquera pai. A miña filla de tres anos tivo un accidente na escola, medo, carreiras, centro de saúde, urxencias do hospital. Ao cabo: fisura no polgar dereito, xeso e man inmobilizada durante dez días. O que nos ten sorprendidos é o rápido que se afixo a prescindir dunha man, habería que ver a calquera adulto na súa mesma situación. Iso si, non logramos aínda que se duchara, négase a poñer unha bolsa na man por moito que llo explicamos. Tan ben se manexa que hoxe mesmo regresou a escola.

Polo contra meu fillo, cos seus oito anos recen cumpridos, tomou unha decisión que o honra e coa que dá un pasiño máis cara á madureza. El, que é un constante fervellar, renunciou a excursión de fin de curo que o levaría hoxe a pasar o día en Allariz para presentarse esta tarde as catro e media ás probas do conservatorio malia a súa dificultade ( 170 neno para 70 prazas aprox. ). A súa nai máis eu démoslle total liberdade na súa escolla e el decidiu: quere tocar o saxo. Agardo que teña sorte e que non o tome moi mal se non as supera, de todos os xeitos o ano que ven pode acudir de novo. Ademais, penso que das derrotas e dos fracasos un vai aprendendo, aínda que doan.

Actualización 17/6/08: O do conservatorio foi unha auténtica vergoña, unhas probas que nos dixeron durarían como moito dúas horas, delongáronse 4 HORAS E CUARTO. É dicir que o meu fillo de oito anos estivo das 4.30 a 20.45 sen beber nin merendar. Cando lle tocou cantar levaba máis de catro horas alí metido. Xa me diredes como lle puido sair a canción. Non o levamos con nós porque a el facialle moita ilusión que se non... Súa nai máis eu falamos seriamente de que se acadase unha praza o máis probable é que non o mandemos vista a total falta de respeto e a escasa humanidade mostrada cos nenos, ademais a lectura deste artigo do xornal de onte non axudou moito. Vos imaxinades ao hiperactivo e xenial Mozart agardando catro horas de neno para entrar nun coro ou nunha orquestra? Pois ben o Conservatorio de Vigo podería pasar a historia universal da música por rexeitalo... O dito, unha auténtica vergoña.



7 comentários:

X disse...

Oxalá o collan. Saúdos.

Veloso disse...

Espero que a nena se recupere pronto e que o rapaz siga madurando tan ben coma ata agora (tanto se supera as probas coma se non).
Libro recibido. Graciñas pola fermosa dedicatoria. Esta mesma tarde empezarei con el.

Anónimo disse...

O saxo! Póñalle discos de John Coltrane ou de Albert Ayler, que ese neno promete...

folerpa disse...

Graciñas, meus.
Martin, A Love Supreme, é o himno non oficioso da nosa casa, canda algunha de Marvin Gaye e de Love.

Anónimo disse...

pois si que é unha falta de respeto aos cativos que se acercan ao conservatorio ...e pretenden que os nenos se matriculen aí?

un aplauso para os vosos dous cativos :)

bouzafria disse...

Que todas as carreiras sexan por unha fisura no pulgar. E que o rapaz toque o saxo mellor que a nena dos Simpson.

Anónimo disse...

vaia co cativo,xa con oito anos e o saxo,non me entero,medran tan pronto e ultimamente perdome todas as súas andainas,sintoo