Ante un novo capítulo da infame campaña do Mundo contra a pluralidade lingüística do estado español, vaia este esperanzadora e exemplar anécdota de hai uns días. Recibo un correo en castelán dun neno que asistiu a un dos meus encontros escolares no que me conta que ese día esquecerá O Carteiro de Bagdad e que quería que llo dedicase. Eu contesteille en galego dicíndolle que se me daba a súa dirección postal lle enviaría con moito gusto un exemplar de balde dedicado. El respondeume así, e cito textualmente:
“Ola! E o primeiro ano que estou aprendendo galego. hasta o curso pasado estive estudiando en un pobo de Alicante, cerca de Benidorm. Moitas grazas. He pensado en regalar entón o meu ao meu primo. A miña dirección e…”
Un exemplo a ter en conta por todos eses intolerantes axitadores de conciencias que cospen dende radios e xornais.
2 comentários:
Os rapaces de certo colexio que coñezo ben cubren cada ano unhas enquisas sobre distintos aspectos do curso. Este ano, unha das enquisas recollía as observacións dun alumno que se abraiaba do desprezo cara o galego que se daba no centro. Anque as enquisas son anónimas, non me resultou difícil saber quen a cubrira: unha rapaza que o ano pasado estudaba en Mallorca.
edu, é ben triste é o que contas, mais penso que é sintomático dos prexuízos que moita da nosa xente ten co galego.
Enviar um comentário