sexta-feira, junho 20, 2008

Presentación


Hoxe pola tarde presentarei Festina Lente aos medios na compaña do meu editor Manolo Bragado. Compartiremos mesa no obradoiro de encadernación da libraría Couceiro entre tórculos e resmas de papel, na antiga praza do Campo onde axustizaban aos reos e queimaban aos condenados polo Santo Oficio, como a coitada de María Rodríguez, portuguesa de Ponte de Lima da que se fala na novela.

1 comentário:

r.r. disse...

¿En Compos? Aínda hei d'ir alá. Se me di onde carallo ubica a Rúa d'Armada, vou con máis ganas.