segunda-feira, janeiro 09, 2006
Xúpiter
Esta mañá fun ao caixeiro e un arreguizo percorreume o corpo ao lembrarme das arrepiantes imaxes coas que na noite de reis nos agasallou a televisión. E lembrei tamén as declaracións no xornal do malpocado pai quitándolle ferro ao feito polo incendiario asasino que criara na súa casa e sentín un arreguizo aínda máis grande. E lembreime tamén desta frase dun dos máis fermosos e desesperanzados libros que lin na miña vida: imaxes de pais que estaban tan famentos e insatisfeitos que se comían aos seus propios fillos.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Saturno?
OK adelita, un pequeno lapsus.
Eu quería dicir Cronos (ou mesmo Fraga), pero non quería parecer puntilloso. En calquera caso Xúpiter era o engulido, ¿non si?
É incrible toda a noticia ,declaracións dos pais incluídas!
Zeus é Xúpiter e Cronos Saturno? Co dos deuses quedei sempre cos gregos.
Enviar um comentário