segunda-feira, janeiro 30, 2006

Cinco manías Cinco

Non contesto xamais estas cadeas agás que alguén mo pida dende o xeado país dos meus benqueridos vikingos.

1ª Non mercar xamais billetes de ida e volta, por aquel conto de Thomas Bernhard.
2ª Non comer xamais unha peza de froita, ela xa está afeita a que lle dea trabadas as súas tenras camoesas.
3ª Cando escribo facer continuas taxonomías de cousas, algúns chámanlle un trazo de estilo a esta manía miña.
4ª Non levar reloxo no pulso, por aquel conto de Cortazar.
5º Ler dicionarios e enciclopedias das máis variadas materias.

5 comentários:

Veloso disse...

Eu levo o reloxo na man dereita en homenaxe á adolescencia perdida. Por certo, cando veremos nas librerías esa novela e ese poemario? Un saúdo.

Marinha de Allegue disse...

Con este xogo ímos coñecendo peculiaridades de cada quen, non está mal este divertimento...
Unha aperta.
:)

sara jess disse...

concordo co do reloxo de Cortázar, inda que cada día me sinta menos cronopia.

pero, a qué relato se refire vostede cando fala dos billetes de ida e volta. pícame a curiosidade.

Laurindinha disse...

Cal é o título do relato da manía 1?

folerpa disse...

Benqueridas Sara Jess e laurindinha o conto titulase “Sólo de ida” e ven no marabilloso libro de Bernhard chamado “El imitador de voces”, un dos meus libros de relatos favorito.