Sigo sen comprender como vinte anos despois aínda teño que aturar tanta publicidade en castelán na TVG. Dende fai tempo e como consumidor anoto nun caderno o nome destes anunciantes para non mercar ningún dos seus produtos. E así deberiamos facer todos.
E como ollar na carteleira da Vangarda os filmes que se estrean en catalán e sentir envexa. Ou como oíres respostar en perfecto castelán de Valladolid as preguntas que en galego lle fai un xornalista da RG ao noso conselleiro de economía ou ao director xeral desa caixa que ven de incrementar os seu beneficios nun obsceno 24% grazas aos cartos dos clientes e empresas deste país.
quarta-feira, fevereiro 01, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Tes moita razón... aínda que como segas co teu boicot vas deixar a túa despensa desabastecida...!(se non é así, dime como fas!)
Comparto a indignación e engado unhas doses de escepticismo. A batalla está perdida. Segundo a miña hipótese, somos a penúltima xeración de galegofalantes, quizabes a derradeira.
Eu o que lle envexo á carteleira da Vangarda é a cantidade de filmes en V.O. que se estrean alí.
Enviar um comentário