segunda-feira, fevereiro 20, 2006

Purgatorio

Teño pendente dende fai uns anos unha cervexa cun morto. A derradeira vez que o vin en vida, convidoume i eu, amábel, rexeiteino cunha escusa ao ver nos seus ollos o estigma do fracaso, daqueles tempos pasados que para el foran os mellores e para min eran só unha afastada lembranza. Días despois lin no diario que un automóbil o atropelara nunha madrugada de sábado á volta de Samil, dándose despois a fuga. O ruxerruxe das súas verbas, dos seus recordos, ás veces percórreme o corpo cun arreguizo. Un día destes tentarei invocar a súa pantasma, a ver se dunha vez por todos me di o que quere e me libero por fin dela.

5 comentários:

Veloso disse...

As sombras camiñan connosco. De cando en vez é saudable convidalas a unha simbólica xerra de cervexa. Para a outra, para a definitiva e derradeira, agardo que a túa pantasma particular agarde por ti moitos anos.

Laurindinha disse...

Que triste e que terrible!!

folerpa disse...

Laurindinha a vida é triste e terríbel. Como di Veloso as sombras camiñan connosco ou sendo un pouco máis prosaico, todos temos algún cadavre no armario. O que hai que facer e mantelo ben pechado e só airealo de vez en cando- como fago eu no meu post- para poder seguir tirando para adiante e non podrecer con el.

Anónimo disse...

Pois nada, a min, por favor, págame as cañas en vida.

Anónimo disse...

A mín gústame pensar en +. O que está claro é que hai que resolver; e pasar páxina, senón e cando nos "atacan as pantasmas".

Unha aperta.
:)