
"Aquello ya no es lo que era. En Galicia hai carreteras estupendas, encuentras los libros que quieres...esa sensación de melancolía ya no existe."
Dito por Lady Foster, a galega máis influinte do mundo segundo a cualifican na entrevista deste domingo na Voz. Non sei que é peor, se as respostas da sexóloga televisiva mudada en selecta editora de caros libros de artista cos cartos do arquitecto, ou o abraio do xornalista ante a pompa e o boato da devandita, que se a súa axenda ateigada, que se o céspede na terraza, que se as vistas sobre o Tamesis, que se os seus quebradeiros de cabeza co libro de Caro... Lamentábel.
4 comentários:
Lamentable á enésima potencia.
En fin...
Unha aperta.
:)
Absolutamente de acordo contigo. Sentín o mesmo ( vergonza allea ) coa entrevista. E, por certo, ¿non ten vostede que falar comigo?
A señora esta é iso que se coñece como unha parva con carreira.
Alfaias, concordo totalmente contigo...
Moi bo o teu comentario, Edu...
Enviar um comentário