Levamos unhas noites amándonos polos aeroportos do mundo adiante. Chuchándonos e apertándonos nos infindos corredores que non levan a ningures, nos hixiénicos servizos onde os altofalantes din os nosos nomes en tódalas linguas que ignoramos.
Levamos unhas noites amándonos, cando eu te bico en Bos Aires, ti salaias en Nova York, cando eu berro en París, ti tápasme a boca en Moscova.
Levamos unhas noites amándonos entre as sabas mornas sen atoparnos.
Levamos unhas noites soñándonos.
sexta-feira, fevereiro 03, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
" ... Levamos unhas noites soñándonos". Fermosísimo. É este un pequeno regalo da túa gran novela?
fermosísimo, concordo.
Enviar um comentário