domingo, janeiro 01, 2006

23.59.60

Din no xornal que o ano 2006 comezará cun segundo de máis. Un segundo novo pero igual que tódolos outros para incrementar as estatísticas do ano de mortes, andazos, desgrazas e inxustizas. Un segundo máis para a maldade e a ruindade do home.
Que alguén pare ese maldito reloxo dunha vez por todas, por favor.

5 comentários:

Laurindinha disse...

É mellor que pensemos que será un segundo máis para algo bo (aínda que só sexa un segundo máis para que intentemos cambiar un pouco as cousas)...

Marinha de Allegue disse...

Un segundo máis de tempo para disfrutar, un segundo máis para cheirar a fresco, un segundo máis para oir, para tocar, para comer sen presa, un segundo máis de amor e de vida.
Un beijo nese segundo.
;)

Anónimo disse...

Únome as dues anteriores e espero que o mundo sia millor.
A esperanza é o último que se perde.
Bicos.

folerpa disse...

Grazas ás tres polos vosos azos,unha aperta.

folerpa disse...

Grazas ás tres polos vosos azos,unha aperta.