
"Aquello ya no es lo que era. En Galicia hai carreteras estupendas, encuentras los libros que quieres...esa sensación de melancolía ya no existe."
Dito por Lady Foster, a galega máis influinte do mundo segundo a cualifican na entrevista deste domingo na Voz. Non sei que é peor, se as respostas da sexóloga televisiva mudada en selecta editora de caros libros de artista cos cartos do arquitecto, ou o abraio do xornalista ante a pompa e o boato da devandita, que se a súa axenda ateigada, que se o céspede na terraza, que se as vistas sobre o Tamesis, que se os seus quebradeiros de cabeza co libro de Caro... Lamentábel.