Onte na presentación en Carral case monopolicei o acto. Coma voceiro do xurado louvei o poemario de Isidro Novo, que viña ademais de gañar o SanClemente e que nos recitou uns versos, para despois presentar o meu. A edición quedou ben fermosa coa reprodución na cuberta dun gravado chinés coas súas características tipografías. Despois na cea, a que se uniu Anxeles Pena ausente no acto por outro compromiso, pasámolo pipa ata ben entrada a madrugada na compaña do Alcalde, Florinda a concelleira de Cultura, Isa a bibliotecaria e Carlos o técnico de cultura. Non teño máis que agradecementos para o Concello polo seu trato e cariño, o ano que ven coa décima convocatoria do premio agardan facer algo especial e ao mellor xuntan a todos os gañadores con recital incluído, xa veremos.
A cea no Mesón Herves foi fantástica, acompañada por un viño galego que dará que falar, o tinto de Abadía de Gomariz colleita do 2004, unhas sobremesas caseiras e unhas gorentosas cereixas do Jerte grandes coma puños. A visita ao mesón non só merece a pena pola súa cociña e o bo facer do seu dono, grande catador de viños e cigarros, no exterior do comedor con vistas ao val hai un cacto xigantesco de máis de cincuenta anos cuxas flores ábrense co solpor e péchanse co abrente, un verdadeiro espectáculo. Despois de soprar no alcoholímetro de peto de Isidro e ver cos meus niveis entraban dentro do aceptábel, emprendín o regreso a Vigo.
Pola autoestrada coas luces longas do coche acoitelando a noite cruceime con moitos trailers que carrexaban o remol do día esquecido e namentres na radio soaban vellas cancións da psicodelia dos sesenta sentinme fondamente feliz.
sexta-feira, junho 23, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
5 comentários:
Por certo, esta noite máxica levarei por primeira vez aos nenos ás lumieiras. Contareilles historias e purificarémonos xuntos brincando o remol.
Non é para menos, estar así de feliz. Agora, a ver cando podemos ver ese libro nos andeis e disfrutalo de vagar. E non se me esqueza vostede do que falamos o outro día para setembro...
Fermoso escrito folerpa no que contaxias a túa sensación de felicidade dende a primeira liña. Moitos parabéns e hoxe a disfrutar das lumieiras.
Así que agora hai concelleira de cultura en Carral... pensei que seguía o mesmo...
Parabéns unha vez máis por ese novo libro!
Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Agosto 2006
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez
Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal
Dia 17
Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds
Mais nomes a confirmar
Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com
Enviar um comentário