segunda-feira, junho 19, 2006

Abstinencia

Hoxe, despois de máis dun mes de non escribir nada, comecei unha nova historia. Tecleei neste mesmo ordenador no que agora escribo as primeiras 236 palabras. Trátase dunha obra para rapaces, que visto os resultados recentes doutras das miñas xeiras, debe ser o meu. Descoñezo a onde me vai levar, coma sempre non tracei plan algún, teño un comezo e un final pero ignoro o revirado camiño que os ten que conectar.
Sempre que estou no medio de dous proxectos asáltanme as dúbidas e síntome baldeiro coma se non tivese nada máis dentro. Despois devagar, e tras días de matinacións, vou trazando no caletre as liñas que me guían cara a un personaxe ou unha historia. Recoñezo que normalmente son coma pequenos lóstregos visuais, coma nun filme vexo moitas escenas, ata que nunha delas atopo o encadre perfecto de onde agromará a historia. Supoño que como dicía a canción todo na vida é cine e o soños cine son, e a literaura tamén, engadiría eu.

3 comentários:

máis alá disse...

Ánimo Folerpa e a disfrutar co novo libro

Veloso disse...

Creo que os períodos de abstinencias son moi necesarios. Serven para que as vaidades acouguen e axudan a distinguir, como dicía Machado, "as voces dos ecos". Como xa sei que tes talento a esgalla para a nova viaxe, só che vou desexar paciencia. Unha aperta.

Anónimo disse...

Desculpem a intrusão:

Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €

Agosto 2006

Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez

Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal

Dia 17

Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds

Mais nomes a confirmar

Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com