sexta-feira, junho 30, 2006

¡ PLAN CONCILIA PARA AS NARRADORAS GALEGAS XA!

“...malia os avances conseguidos, calquera pode constatar nos andeis das librarías que a presenza de narradoras segue a ser inferior á das poetisas e á dos novos narradores que, a través dos permiso de narrativa, se van incorporando ao sistema literario galego. E se as mulleres xa dispoñen de tempo material e teñen un bo dominio da lingua escrita, haberá que buscar outras razóns que expliquen por que este tipo de obras escritas en feminino son tan escasas. Non será que os valores de xénero seguen modulando os comportamentos sociais e familiares, e que as mulleres aínda soportan a maior carga de traballo na familia? As escritoras galegas, como en xeral as doutros países, deben ser conscientes de que polo de agora terán maiores esixencias e máis traballo ca os seus colegas masculinos, O reto é grande porque, sen renunciaren aos seus intereses como mulleres e á súa profesión, deben facer obras que estimulen á lectura a un amplo abano de lectores e de lectoras cons gustos diversos.”

Camiño Noia, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, 2004, pax. 199.

2 comentários:

Laurindinha disse...

Esta miña profe... que razón ten...

Anónimo disse...

Para poder ser escritoras temos que vivir soas!, diso non nai dúbida ningunha. Hoxe por hoxe é imposible compartir a vida cunha parella "machista", non coñezo outras e ser escritora!