Ando estes días desacougado e coa testa coma unha gaiola ateigada de paxaros voando e batendo con forza no meu cranio. Agardo que a viaxe de esta tarde a Carral para as deliberacións do xurado do seu premio de poesía me sirva para volver ao rego da realidade. Esquecereime así das andrómenas e dos soños dunha vez por todas e volverei pousar os pés nos chan. Outra vez será.
Mañá falareivos do gañador ou gañadora.
quinta-feira, junho 08, 2006
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Xa sei que iso de andar cos pés no chan está moi ben visto, pero eu defendo que de cando en vez é saudable estarricar as ás e voar un pouco. Iso si, con moito sentidiño e a ser posible con paracaídas. Un saúdo, boa viaxe e feliz deliberación.
Coma sempre tes razón Veloso, pero desta volta eu fíxeno sen paracaídas e metinme unha boa hostia.
Enviar um comentário