segunda-feira, junho 12, 2006

A República dos blogueiros III

Os feitos semellan que van confirmando a miña teoría que botara a andar fai uns días. O rolda de blogueiros gañadores de certames segue con Jaureguizar que desta volta recunca gañando o premio xuvenil Fundación Caixagalicia e continua co gañador do Xerais, Ameixeiras, que ademais de blogueiro segundo o xurado e el mesmo nas súas declaracións emparenta a estrutura da súa novela cos blogues.
Mágoa dalgún que outro blogueiro finalista que quedou as portas. Quedan aínda moitos premios e a Xeración Blogueira segue a avanzar implacábel.

5 comentários:

Martin Pawley disse...

Ameixeiras, ¿aínda sen ser blogueiro? ;-)

Anónimo disse...

Conte, conte, ¿que outro blogueiro quedou ás portas?

folerpa disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blogue.
folerpa disse...

Este post corrixino tras o comentario de Martin. Andaba un pouco atordado en non me decatara do meu erro.
Usuario Anónimo, coma dicía miña avoa dixe o pecado e non o pecador. Pero por pouco que fíes decataraste...

Laurindinha disse...

Outro blogueiro finalista?? Pois non me dera conta...