quinta-feira, setembro 28, 2006
Colonialismo
Constrúen as nosas casas, véndenolas e dannos a luz, e esta paso tamén o gas e a auga. Contaminan as nosas costas, os nosos ríos e o noso aire. Urbanizan a paisaxe a golpe de adosados e acoitelan o horizonte coas súas tarabelas, pero todos eles pagan os seus impostos na capital do reino. Isto vai camiño dun monopolio, do grande ollo que dende as bancadas dun estadio controla as nosas vidas. Si xa sei, que si as leis do libre mercado, que si os dereitos dos accionistas e demáis parolada económica, pero eu xa comezo a estar farto.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Eu xa hai tempo que estou farta de toda esta parolada que se trae a gran empresa para non diminuir os SEUS beneficios á conta dos demáis, e do seu discursiño de perdoavidas. E por suposto da resposta dos que dín representarnos. E que non se pode farcer nada realmente? Unha aperta.
Ó mellor si era certo iso de que "Somos unha colonia"...
Enviar um comentário