terça-feira, setembro 19, 2006

Presentación

Por primeira vez, para todo hai unha primeira vez na vida,escribo dende un ciber pois dende o xoves un troiano deixou o meu ordenador e a conexión á rede ao garete.
Este xoves 21 de setembro as 20.00 horas na Casa do Libro de Vigo presentarei o meu poemario CARTAS DO TERCEIRO DÍA, Espiral Maior nº 170, na compaña do editor Miguel Anxo Fernán Vello e do escritor Franscisco Castro, quedades convidados. Porén supoño que os máis temerosos e ante os refugallos do ciclón George que se achegan quedaredes na casa e os máis arriscados acudiredes ao recital de Caneiro. Estade tranquilos que non vou pasar lista, a fin de contas xa sabedes o que opina Jaureguizar das presentacións dos libros, e algo de razón non lle felta, come sempre.

4 comentários:

Veloso disse...

Sabes que me encantaría estar aí, pero o asunto do teletransporte de momento só é un anuncio gracioso da canle Sci Fi. Unha aperta dende Zamora.

Veloso disse...

Por certo, moito ánimo coa túa actividade extraescolar. Eu tentei organizar algo na Escola de Maxisterio, hai tres ou catro anos, e non veu ninguén. Pero estes pequenos atrancos non deben nunca poder connosco.

Anónimo disse...

e en santiago, halo presentar?

folerpa disse...

Seica si, nun acto conxunto con outros poetas que presentan novidades en Espiral Maior. Mantereivos informados.