terça-feira, setembro 12, 2006

Promoción e tradución


No suplemento cultural do ABC desta fin de semana a editorial LUMEN promove a versión castelán do libro de Teresa Moure cun anuncio coa lapela do libro e o seguinte texto:

Hierba Mora
1.f.Planta que comparte con la literatura el poder de mitigar el dolor y con las mujeres la fama de ser tóxicas y muy inclinadas a las malas pasiones.
Una novela que enamora.


Amais do desacertado do texto, con ripio incluído, coa tradución literal ao castelán do titulo pérdese todo o arrecendo máxico do orixinal e máis semella unha novela de ambiente andaluz con coplas touros e paixóns desaforadas. Desmerece asemade á ilustración da cuberta, un escorzo dun espido feminino de inspiración prerrafaelista ao que mellor lle acaería coma titulo o nome dunha das súas protagonistas: Helene Jens.

Actualización 25/9/06: Xa saiu a primera crítica do libro na prensa de Madrid.

1 comentário:

Anónimo disse...

Concordo contigo folerpa. Debe ser o efecto da "globalización" na variante lingüística. Non sei como verá o tema a autora.