quinta-feira, setembro 14, 2006

Obradoiro

Farto de que as actividades extraescolares do colexio sexan unicamente deportivas - fútbol, patinaxe, kun-fu e piscina- ofrecinme moi amablemente coma membro da ANPA a impartir todos os venres aos rapaces do colexio do meu fillo unha actividade diferente.
A miña idea é comezar cun sinxelo obradoiro de creación literaria, tanto oral como escrita, para que logo cada neno escriba o súa propia narración ou poemas, con ilustracións se quere, e despois que eles mesmos as encadernen para que ao remate cada un se leve o seu propio libro baixo o brazo. Asemade tratarei de escribir con eles un sinxela obra de teatro para representala en fin de curso.
A idea pode parecer un chisco romántica nestes tempos de videoconsolas e descoñezo tanto se sairá adiante como a miña capacidade pedagóxica ou a ilusión que lles poda facer aos nenos ter un libro de seu ou representar unha obra.
Agardo tamén poder abusar da amizade dalgún escritor e editor amigo para que me boten un cabo.
En fin, arroutadas que ten un ás veces e que non sabe a onde o levaran e das que se arrepinte nada máis dicilas, mais supoño que estas pucharcas onde un se mete sen pensalo son as que fan atractiva a vida.
Xa vos irei contando.

5 comentários:

máis alá disse...

É unha boa idea e seguro que vai sair todo ben.

Anónimo disse...

A túa xenerosidade e a túa ilusión hónrante. Que todo vaia ben!

Anónimo disse...

E a que escola hai que apuntar aos cativos? ;-) Parabéns pola arroutada.

Anónimo disse...

Parabéns por a túa idea e por a túa ilusión. Proxectos así, cos nenos, sempre saen ben. Xa nos contarás.

folerpa disse...

Para a miña sopresa e iso que a actividade é gratuita non se apuntou neno ningún por agora. Pola contra as deportivas están ateigadas.