Coma os libros, bandas deseñadas, DVDs e os CDs amoréanseme e pasan os días sen que teña un intre para lelos, velos e oílos, moitos dos aquí seleccionados poidan que sexan de anos anteriores pero eu descubrinos este ano, asemade pasáronseme moitas novidades. Nestes tempos que vivimos a miña percepción, comoa criación, fragméntase polo que nalgúns casos non podo escoller unha obra completa.
Verbas
Galegas: Es aqueo
”A culpa foi de Max Weber ” de Ramón Caride, Edicións Xerais e
“Xeonllos” de Francisco Castro, Espiral Maior.
Estranxeiras:
“Sin heroismos, por favor”, de Raymond Carver, Bartleby editorial e
“Esperando al enemigo” de Gonzalo Calcedo Juanes, Tusquets.
Galegas ilustradas:
Luces que se acenden e se apagan de Ramón Trigo, Kalandraka.
Estranxeiras ilustradas:
Casa Vacía de Ramón Trigo, Anaya.
BD
Estranxeira:
"Panopticum" de Thomas Ott, La Cúpula.
"Madre, vuelve a casa" de Paul Hornschemeier, Astiberri
Sons
Canción galega:
“Se ti queres” , de Guadi Galego e Guillerme Fernández
Canción estranxeira: Ex aqueo para
“Porque es Domingo” de Tarik y la Fabrica de colores,
“Galang” de M.I.A. e
“La revolutión ne sera pas télevisée” de Experience.
Imaxes
Serie TV:
Lost Documental:
Carrilanos de Rafael Cid.
DVD:
Live in Chicago, de Wilco
Filme:
Corpse Bride, de Tim Burton
Arte
Galega:
Souvenir de Fran Herbello, Espacio Anexo do MARCO
Estranxeira:
CHIKAKU, tempo e memoria en Xapón, MARCO
Blogues
Post: Ex aqueo ao
Nome dos parentes do Ollo da vaca e
No camiño de AQUI
Serie de posts:
As mulleres do Kamikaze I-V de Cidade cero