quinta-feira, março 01, 2007

Un cachondo xenial

Pouco sei dos fineses, algo de música, auroras boreias, algunhas pelis de Kurismaki, bos pilotos de rallies, algún libro, uns coches arpoeiros para deter aos conductores bébedos, moitos suicidios, o sol de medianoite, pero dáme a sensación de que deben ser un tipos bastantes particulares, no gume entre a tolería e a lucidez máis absoluta.
Ven isto ao caso por que anda estes días por España Arto Paasilinna presentado a súa nova novela traducida ao castelán Delicioso suicidio en grupo e publicada no ano 1990 no seu país. Van desegudido algunhas das perlas que dixo na súa presentación en Barcelona.

"O libro publicouse por primeira vez no ano 1990, cando cada ano, no meu país, matábanse 1.500 persoas. Tan só un ano despois, coincidindo co seu éxito de vendas, a cifra baixou a 1.000 mortos e, dende entón, mantemos esa cifra. Estou tentado de escibir unha segunda parte para que baixemos a 500. A literatura sempre salvou á humanidade, esa é a súa misión, é unha arte que se dirixe ao centro neurálxico da condición humana."

"Son malo, peleón e guerreiro...de esquerdas, home de barricadas nada rancoroso, incluso me levo ben coas miñas ex-esposas máis malvadas. Na miña finca, teño varios cabalos, aos que dou ler libros ilustrados: aprenderon a pasar as páxinas , mais sospeito que só miran as fotografías".

O dito, un tipo xenial e cachondo.


4 comentários:

Xosé Antón Laxe Martiñán disse...

Esta é a primera vez que mando unha mensaxe -que non un comentario- a esta páxina, que descubrín hai ben pouco. Teño a certeza de que serán moitos máis. Parabéns, Alfaias, e beizón.

folerpa disse...

Benvido Xosé Antón, é un pracer.

paideleo disse...

Mui boa a frase de Arto Paasilinna.
Dúas cousas máis sobre os fineses: elas son mui guapas e os fineses son silenciosos. Unha vez entrei no comedor do hotel onde traballaba en Londres a ver se baixara alguén a almorzar e estaba cheo cunha excursión de adolescentes e estaban todos en silencio.

franetico disse...

de Finlandia recuerdo los borrachos barbudos durmiendo en las calles del pueblo de Papa Nöel, Rovaniemi, y la botella de vodka con un reno y un sol rojo. allí el suicidio para una de las bellas artes, una opción siempre a mano.