segunda-feira, outubro 01, 2007

A sintaxe da escrita


Na presentación o venres do novo libro de Luis Rei Nuñez, Ramiro Fonte estivo ben brillante. Co seu permiso, deixo aquí algunhas das súas perlas soltas e collidas ao voo para a reflexión xeral sobre o oficio de escribir.
"Escribir libros semellantes aos que non chaman a atención como lectores."

"Escribir é reescribir."

"Aqueles escritores que din que arranxan o mundo sen arranxar antes a súa propia sintaxe."

"Ler novelas que nos fagan cambiar por dentro."

"Todo prosista debería escribir a biografía doutro escritor."

2 comentários:

Anónimo disse...

Gústame o de "Ler novelas que nos fagan cambiar por dentro."

Veloso disse...

Foi toda unha satisfacción escoitar as palabras do señor Fonte, igual que foi un pracer compartir cervexas co señor Calveiro.