quarta-feira, fevereiro 27, 2008

Aínda queda unha esperanza para todos nós...



...ou iso canta o gran Nick Lowe no seu derradeiro disco, nunha desas cancións onde a un non lle importaría quedar a vivir para sempre. Levo meses escoitándoa e non me farto. Unha voz emocionante que frasea coa cadencia da vida mesma, uns ventos dignos dos vellos elepés do reverendo Al Green, uns coros marabillosos —Da da da da dadada dararara— e un órgano que subliña cada acorde.
Unha canción que leva a mover os pés, a min, que non son moi amigo do baile; que desexas compartir con aqueles aos que amas, tomalos pola van e coa túa man coller a súa e apoiala no peito e danzar así ata a fin do amor.
PERFECTA, así, con todas as letras e en maiúsculas. Unha pequena epifanía que nos reconcilia con nós mesmos e coa vida nestes días de balbordo e morte.

3 comentários:

Anónimo disse...

discazo, discazo

R.R. disse...

¡Home, élle unha boa escolla, si señor!

Anónimo disse...

Dende logo unha sempre gusta de ler o teu blog pero hoxe ... Grazas por este agasallo e unha aperta dende Ribeira.
Chus.