segunda-feira, fevereiro 04, 2008

Aleluia, fíxose a luz!


Ao cabo, nun deses xoguetiños aos que son tan afeccionados na consellería de cultura e que de tan pouco valen, agás para facer roldas de prensa na capital do reino, podedes ler, en versión monolingüe castelá, a quenda completa dos 46 creadores convidados a feira da Habana, aos que tamén lle puxeron rostro como se fosen perseguidos cuatreiros dun western. A carón dos indiscutibles, presenzas incomprensibeis e ausencias clamorosas.

Como no charter contratado deberon sobrar prazas, os da CRTVG organizan un concursiño e sortean dúas viaxes. Os damnificados, xa saben, a mandar correos ou sms cos seus microrelatos. Eu xa mandei un lote deles.

(Prometo non volver falar do tema, que xa parezo da oposición)

4 comentários:

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Non se preocupe, señor das alfaias. ¿Non debería de ser a oposición permanente ó poder, ostente quen o ostente, unha especie de estado natural?

R.R. disse...

Señor Oulego: iso é o que se supón en estados seudo-avanzados de democracia e intelixencia.

A alternancia confirma que o silencio ou a louvanza son estados moito máis "naturais", extendidos e, sobre todo, rendibles.

folerpa disse...

Oulego, r.r., imos ter que montar un blogue tripartito ou cando menos quedar para unha boa laconada. Eu recoñezo que o meu estado natural, non sei se pro defecto profesional, é facer sempre de avogado do diaño e levar a contraria.
Seica estes días os teléfonos botaron fume e a repetida pregunta de rigor era: ti vas A Habana ? Había moitos que malia o seu silencio cómplice e a súa louvanza
interesada non as tiñan todas consigo.
Unha aperta aos dous.

R.R. disse...

¡Home, é que a calar sempre somos máis que a falar! E o do blogue tripartito non lle sei eu, se se animan aínda me apunto, pero a laconada funciona seguro. ¿Onde vai ser?