quarta-feira, fevereiro 20, 2008

Dogma de Fe


ZP na súa ultima parvada da poxa preelectoral afirmou que "un 15% de las actividades académicas se desarrollarán en inglés". Eu, que son de letras, fago uns sinxelos números: 15% de inglés + 50% de galego = 65% . Polo tanto queda un 35% de actividade académica en castelán. Ante tan desproporcionado e intolerable reparto, agardo que eses grandes defensores da liberdade e dos dereitos lingüísticos que andan estes días a manifestarse e a pasear polo país adiante nun autobús cor laranxa, convoquen inmediatamente concentracións contra o ensino en inglés como fixeron ata o de agora contra o galego.
Por certo, algúns destes loitadores pola igualdade teñen acto hoxe en Vigo con contramanifestación incluida, se podo acudirei e mañá informarei da rifa.
(Actulización 22/2/08: aquí tedes as imaxes dos incidentes )

5 comentários:

Anónimo disse...

Na ESO hai aproximadamente trinta horas de clase semanais, o 15% de 30 son 4,5 horas, e actualmente xa se dan tres horas de inglés. Non parece que o aumento sexa moi espectacular. É dicir, con hora e media máis á semana, aínda que sexa repartida noutras asignaturas en forma de "actividades", non parece probábel conseguir esa competencia xeralizada en inglés que pretende Zapatero.

Veloso disse...

Fuches? O panorama que describe o Faro paréceme desolador.

folerpa disse...

Veloso, fun e só sentín vergoña e carraxe. Rodeados pola policía os rapaces coas súas bandeiras e pancartas coreaban consignas diante da Casa das Artes mentres os asistentes entraban no teatro caixanova. De súpeto aparecreon os antidisturbios e sen provocación previa de ningún tipo (a non ser o estoupido dun petardo)cargaron e porra en man e disolveron a eses "perigosos cachorros do independentismo". Moitos espectadores, alporizados ante a violenta reacción policial, berraban en defensa dos rapaces. A tensión foi tal que moitos transeuntes rifaron entre si: os defensores da lei e a orde fronte os da liberdade de expresión.
O subdelegado do goberno debería dar algunhas explicacións que ninguén lle pedirá. Unha mágoa, supoño que todo iso é consecuencia do que poderiamos definir como EFECTO SANGIL.
Outra cousa que me pon a mosca tras da orella é quen financia a estes grupos defensores dos dereitos lingüisticos que agromaron coma cogumelos nestes últimos meses previos á campaña electoral. Supoño que cunha cuota de 9 € trimestrais non se paga un bus que percorra o país nin se aluga o teatro Caixonava para un acto. Quen os finacia? Como acadan tanta repercusión nalgúns medios?

Veloso disse...

É algo que me pregunto dende hai meses: quen paga? Ou, como diría o vello cuplé: "De dónde saca pa tanto como destaca?" Non che resulta rechamante que todo isto coincida co famoso discurso en que o presidente do Club Financiero de Vigo lle botou a bronca en público a Touriño polo asunto da lingua? Seguiremos investigando.

Anónimo disse...

En menos dun mes, a súa "presi" saiu na Voz, nunha esquina desas de "xente corrente", e a escoitei en Radio Vigo (cadena Ser), polo menos duas veces, onde un "periodista" lle HAZia unha entrevista que a mi me pareceu máis un apoio á "causa", ou sexa que non parecía que houbese moita obxetividade.