Recollendo a luva lanzada por Brétemas, e á que algún outro xa se adiantou. Eu, que non quero ser presidente, propoño ao que saia elixido dúas das primeiras medidas a tomar:
1ª Sacar a relixión das nosas escolas e devolvela ao lugar de onde nunca debería ter saído: as catequeses.
2ª Endurecer os réxime de incompatibilidades dos cargos electos, en especial no eido municipal, para evitaren esa figura que xa parece consubstancial á nosa paisaxe política: o alcalde ou concelleiro promotor inmobiliario.
Habería moitas máis propostas, mais penso que estas dúas xunto coas de Brétemas, as que me uno, xa irían facendo camiño.

2 comentários:
Totalmente de acordo.
Por certo que a segunda proposta está recollida na futura Lei de Vivenda, segundo explica a conselleira na entrevista de El País: http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Asumi/todas/peticiones/alcaldes/elpepiautgal/20080217elpgal_7/Tes
Esperemos que siga alí cando entre en vigor.
Saúdos
Ténse que crear solucións un pouco máis reais ás necesidades de cada cidade e dos seus cidadáns.
Enviar um comentário