Este mediodía saía da oficina cando un mensaxeiro deixou un sobre da editorial. Abrino e atopei as probas do meu novo libro. Ilusionoume ver a miña novela dentro desa colección coa que medrei como lector e como escritor todos estes anos. Recoñecín tipografías, deseños e conmovinme coma aquela primeira vez co meu Sari. Levaba máis de dous anos carrexando esta historia sobre as costas, dende aquela esquecida primeira versión na que puxen tantas ilusións. Agora só queda corrixir as case trescentas páxinas. Devezo por ver acuberta e tela nas miñas mans recendendo a tinta e a papel, recén saída do prelo. E non podo contar máis que o editor se vai alporizar.
segunda-feira, fevereiro 11, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
10 comentários:
Áncora e golfiño, a divisa aldina para explicar o vello lema de "Festina lente": "Apura paseniñamente". Noraboa.
Agardo un envío semellante e comprendo a túa emoción. Sorte coa criatura
¡Cajiná! ¡E vostede moito escrebe! (Canta envexa...)
Arume, eu que pretendía ser un chisco críptico e vostede vai e enfía a primeira.
mr. tichborne, agardo que informe para lela.
r.r., recoñezo que nos ultimos tempos todo o meu ocio e parte do meus descanso adícoo compulsivamente a escrita. Ás veces penso sé non será un andazo.
Nesa colección ten Cunqueiro varios libros publicados. ¿Será cousa de premonicións?
Comparto a súa emoción e inquedanza.
Oulego, non podo respostar a súa pregunta, que se non levanto a lebre e ten que estar agochada no seu tobo ata o mes de abril.
Perdón.
pois deséxolle o o neno, ou nena veña ben, ou mellor :D
Arume non hai na que perdoar, e si celebrar que aínda hai xente que se lembra nestes tempos tecnolóxicos dos vellos e arroutados tipógrafos.
Grazas, opaco.
Enviar um comentário