Esta brincadeira do xornal La Vanguardia é un bo e sinxelo xeito de promover a lectura e o debate sobre os libros. Os lectores animáronse e incluso xustifican a súa escolla segundo o devalo das horas, como nesta marabillosa selección que fai un libreiro catalán. Algún día, algún dos nosos xornais podería animarse a facer algo semellante e non perder o tempo falando da nova vexetariana do día ou doutras illas moito máis prosaicas.
quarta-feira, janeiro 30, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
15 comentários:
A resposta que máis me gusta é a de Esther Tusquets. Paréceme a máis intelixente.
Como aquela pregunta que fixeron un día nunha escola: Van nun globo un bispo, un científico e un político, e de súpeto hai unha avaría que provoca que sexa necesario botar lastre se non queren morres os tres. Hai que sacrificar a un deles. ¿A cal?
Vaia, enviei a mensaxe antes de tempo. Síntoo.
Ben, a resposta dun neno foi:
O máis gordo.
Pois pobre bispo...
Bouzafría, non sei se a de E.T. é máis intilixente, pero dende logo e máis mesta e pesada.
Un saúdo.
¿Valen volumes de obras completas?
A resposta do libreiro paréceme moi boa, a de Ana María Matute moi intelixente e a de Esther Tusquets moi práctica.
E si, como valen volumes de obras completas pensarei que cinco libros gordos de autores levo. Creo que a selección vai ser como o do globo: canto máis gordos máis posibilidades de ser o escollido; quedo de putamadre cos intelectos espilidos que me vaian despedir ó porto ou me tiren do avión e dentro deles collen máis latas de conservas e incluso pasta de dentes e, por suposto, un caderniño e un lápiz grande.
¿E vostede que é o que pide? ¿Que os xornais nos poñan a pensar? ¡Por favor!
E xa marcho.
¿Pero a illa ten que ser do "Caribe" ou vale calquera?
A resposta do libreiro é moi boa, aínda que eu tería coidado coa Morte de Virxilio, á que tentei meterlle o dente varias veces e custa de carallo.
Eu tamén sería de obras completas, e levaría as de Cunqueiro, Fole e Blanco Amor comigo. Das dúas que faltan, tería que pensalo.
En castelán, e xa que se trata dunha illa deserta, levaría os cinco últimos números da Interviú, polos sonetos de Sabina, por suposto.
¡Non pensara eu nos sonetos de Sabina! Si, tamén din que a Playboy antes tiña o tamaño do periódico ABC porque así os funcionarios podían ler con tranquilidade os artigos de investigación da revista simulando que lían un periódico para nada perigoso.
Penso que tamén lle podes sacar máis partido a un libro que invite a meditación e á relectura. Porque de nada me sirve levarme un ben gordo se so o vou poder ler unha vez. Así que eu elixiría en función das posibles relecturas. No caso dos galegos, tería que meditalo ben, así rápido so me dcidiría polas poesias completas de Celso Emilio F. e seguro que os outros catro tamén serían de poesía. Así se faltaba comida, podería mastigar palabras, ou entreterme memorizandoas.
r.r., Oulego, falto a fin de semana e isto revolucionase. E non me fagan trampas: nin revistas nin obras completas.
Hormiga ten razón, aqueles que convidan a relectura, que non se esgotan en si mesmos son os que eu levaría. A escolla é complexa, hai varios libros que releo todos os anos. Vouno pensar un chisco e en caso de dúbida aplicarei o criterio F.G., nada do publicado nos últimos 40 anos.
Gústame a resposta de Ana María Matute, se un dos libros pode ser un libro en blanco con un lapis, mellor. Os outros catro... éche ben difícil, algún de Castelao e... uf, difícil, difícil,... algún deses que gustan na relectura.
Acepto que me reña, señor Folerpa, porque razón leva, deixa a casa aberta e os asiduos montámoslle un ghuateque e marchamos sen freghar.
Pero xúrolle que aínda estou facendo a selección previa de libros: vou levar un caderno e un lápis (síntoo, esa trampa fágoa,a soberbia élle moi poderosa) e logo póñome en plan xéneros, como na escola: un de teatro, un de narrativa, un de poesía e... o que máis me custa é decidirme por un de ensaio ou semellantes.
De momento na lista poética leva vantaxe Ferrín, pero teño dudas por aquilo de caer no topicazo. Na narrativa, síntollo ben, anda Cunqueiro, o que pasa é que se gaña en teatro co Incerto Señor Don Hamlet terei que buscar alternativa narrativa por non andar pola illa falando fermosamente como un marqués de MOndoñedo...
Isto das listas é un rollo, dá máis traballo que diola.
Difícil pregunta. Poesía tería que levar seguro. Levaría,por exemplo, "Do descoñecido ao descoñecido",... e outros catro (centos).
If you are having difficulty getting pregnant, it may be helpful to look at the list below and assess your fertility levels.
Being over weight or under weight also effects the delicate balance of estrogen in your system which may make it harder for you to get pregnant.
http://www.pregnancyhelper.in
Enviar um comentário