quinta-feira, janeiro 10, 2008

Pobre Darwin !


Que unhas entidades como a Universidade de Vigo e Caixanova dean pábulo e cedan as súas instalacións para un conferencia dos creacionistas é unha vergoña e un atentado contra o coñecemento científico e racional, un escarnio de todos aqueles que no nome do progreso pagaron coas súas vidas polo seu traballo. Agardo que coa repercusión da nova na prensa de hoxe rectifiquen axiña, senón, polo menos collerei o camiño da miña sucursal e cancelarei a miña conta.

2 comentários:

Anónimo disse...

Parece que a Universidade de Vigo rectificou a tempo.

folerpa disse...

Si, grazas a Darwin. Mais na programación de Caixanova que veño de recibir por correo figura o día 25 de xaneiro a conferencia do ínclito Geeofrey Simmons baixo enganoso titulo de Médicos e cirurxiáns pola intergidade científica. Ha que ter cara.