Hai unhas semanas, matando ás horas diante do televisor, dou cun programa, deses tan de moda, que procuran descoñecidos talentos artísticos en calquera categoría. Os candidatos á fama actúan sobre un escenario perante un xurado. Os primeiros son un trío de forzudos, pai, fillo e filla con varios estúpidos records mundiais, un deles seica ergue ata 1.500 quilos co seu pene. Ao pai, escáchanlle varias tellas sobre a cabeza; ao fillo, rómpenlle cunha maza unha pedra sobre as súas partes, e a rapaza que seica é quen de mover un microbús (por problemas de espacio non o trouxo) tenta erguer a un dos membros do xurado sobre o seu lombo e case lle rompe a crisma. O espectáculo é presentado polo locuaz fillo nun ton de feirante de ringorango. Por suposto pasan o casting sen problemas.
Deseguido aparece no escenario un rapaz que di que vai tocar, sen tocalo por suposto, un theremin. Devagar vaino montando e afinando perante a impaciencia do xurado e só ten tempo de dar unhas notas con el antes de que soe a bucina. O xurado rexéitao, e non pasa á seguinte fase, un deles coñecido mestre histrión doutro programa semellante, chega a firmar que se trata dun instrumento aburrido. Uns instrumento co que se pode facer esta tolería, ou esta simpática brincadeira ou interpretar esta fermosura, xamais pode ser aburrido.
Ven todo isto a conto que non sei en que intre se instaurou na nosa sociedade a idea que de que o talento só é quen de agromar a través destes programas. Que a televisión é o medio máis democrático e libre que existe (todos temos dereito aos nosos 15 minutos de gloria, Warhol dixit), o único medio que escapa a manipulación e a corrupción dos executivos das grandes coporacións multinacionais que nos venden o que non queremos e non nos gusta. O medio onde calquera miñaxoia pode abraiar ao público expectante e mudar nunha estrela. Os habituais mediadores artísticos, críticos, productores e editores, conforman unha grande conspiración mundial que non dá saída aos verdadeiros creadores, a todos aqueles que acotío cantan na ducha, bailan diante do espello ou fan equilibrios nos peitorís dos parques.
Penso que non tardará o día en que algún inspirado executivo dun gran grupo mediático decida procurar polo próximo bestseller da súa editorial nunha televisiva academia de letras para ágrafos. Eu xa estou pensando nun director rifón que pode dar moito xogo na pantalla. Ao tempo.

4 comentários:
Uff... a idea do Alatriste como xurado literario, cantándoche as verdades con ese estilo florido que ten...
mr. tichborne, el faría de poli malo, habería que procurar por outro para que fixese de bo, e compensar.
Un saúdo.
Gnarls Barkley e "My Funny Valentine". Boísimas escollas...
Ó caso: tiñan que facer un concurso destes pero de escritores; e si, o xurado escolleito paréceme axeitado, aínda que Arumes di que o outro día en Vigo viuno moi frouxo.
r.r., se o concurso o fai A Galega eu propoño como director da academia a Franco Grande.
Enviar um comentário