terça-feira, janeiro 29, 2008

A mocadas


¡Mimadriña! Como anda o patio. Freixanes e Sarille a puñadas nos xornais. Kiko e Rubín rifando na rede. Co PP non pasaban estas cousas, polo que é evidente que a política cultural deste goberno só fomenta as liortas e rabechas entre os nosos creadores, mellor sería que nun xesto de honradez cesasen nas súas promocións para que non chegase o sangue ao río. Mentres tanto, outros tan felices ante a perspectiva de ter atopado o seu El Dorado. En fin, será cousa dos nervios da precampaña electoral

3 comentários:

r.r. disse...

A ver se a cachetes reactivamos o sistema circulatorio da nosa cultura, pero o camiño parece que vai dar na atrofia...

Anónimo disse...

Jajaja! Parece que o governinho vai ter a culpa de todo...

folerpa disse...

r.r., deixando as chanzas a un lado, eu son pesimista e penso que a esclerose esténdese e ninguén fai ren por levar ao enfermiño ao médico, agás rifar por ver que lle doe.
Anónimo, a retranca en un dos rasgos que mellor nos definen e a democracia aquel sitema representativo, ou non tanto, en que o goberno ten a culpa de todo o que pasa. Faltaría maís !