segunda-feira, janeiro 21, 2008

FIL 2008


Por fin os que van de viaxe a A Habana poden facer as maletas, que non esquezan os bañadores e algún protector solar.
Dúbido moito da utilidade destes fastos, o Malecón non é Francfurt, agás como acto de propaganda para esa política de roldas de prensa e de portadas de xornal que practica arreo a Consellería de Cultura. Cos cartos que se van desbaldar, ¿ cantos filmes poderían ver en galego os meus filos, ¿cantos?
Sobre a quenda de autores e creadores convidados, non vou dicir ren, en primeiro lugar porque non se publicou unha relación completa. Aínda que sigo a pensar que algunhas ausencias son clamorosas.

Amais, malia a nosa sentimental relación con Cuba, no estaría mal de falar de situación política cubana, dos escritores e periodistas silenciados ou no cárcere, da liberdade de expresión na illa... a que tan ben fai referencia Jareguizar...


Boa viaxe a todos e non se pasen cos mojitos.

18 comentários:

Anónimo disse...

de paso, Jaureguizar e vostede poden lembrar igualmente que ben aquí máis preto, entre Cantabria e o Piríneo francés, tamén se conculcan dereitos tan básicos como o de expresión -peches do Egin e do Euskaldun Egunkaria- ou o de asociación -o proceso/sumario 98 ou o parafascismo da teoría dos círculos concéntricos-.

hipocrisía hai, moita, en todas partes

folerpa disse...

anónimo, se te identificas estarei encantado de contestar o teu comentario... Eu son dos que nin collen o móbil cando aparece iso de número nº privado. Así que xa sabes...

R.R. disse...

Joder, ía facer un chiste e meterme con vostede, señor Folerpa, pero co comentario do señor Anónimo non me atrevo; e como eu si que collo o teléfono cando me chaman dun privado ou entro ó trapo dos anónimos, alá vou:
hai no seu comentario unha lixeira confusión ou unha evidente arbitrariedade, señor Anónimo, e non porque non leve boa parte de razón, senón por facer ó señor Folerpa e a Jaureguizar responsables de denunciar os abusos en Euskadi (ou EuskalHerria ou País Basco, menos Provincias Vascongadas pode chamalo como lle pete) e impedirlles expresar a súa opinión con respecto a outro proceso de restricción de liberdades que viña máis a conto do post. Resulta que o libro galego vai invitado a Cuba, daí veñen estes posts e estes comentarios. Así é que centrémonos. E non pida que a xente deixe de falar dos temas que lle pete por moi "hipócrita" que lle pareza. Se cadra é que están centrados nun determinado asunto, ou, como neste caso, nun determinado país.

O triste é que todo posible foro -será a eterna precampaña -empeza a feder á táctica "política" dos partidos que temos a desgracia que nos gobernan (ou non, inclúo os tres maioritarios): "pois ti máis". Calquera crítica ou disidencia debe ser ocultada ou desviada. Insisto: supoño que os comentarios que xorden sobre Cuba veñen a conto da Feira. Imaxino que se nos tivesen invitado a ir a Frankfurt a mediados dos 70 falariamos de BaaderMeinhof e os suicidios con tres disparos, e se nos levan ó Festival de Cine de Donosti (eu a ese si que me apunto con ganas) virásenos á cabeza o feche de Egin, de Egunkaria, o embargo das HerrikoTabernas ou os dereitos negados ós presos abertzales. Entrementres, déixenos falar de Cuba ou díganos por qué lle molesta tanto, ho...

Coidado coa palla no ollo alleo, que incluso en Galicia cocemos fabas. E o día que toque facelo a niveles cubanos ou españois, non teña dúbida de que a maioría dos que nos gobernan ou queren gobernarnos veríanse tentados de facer cousa semellante ou cambiarían lexislacións ó seu favor sen ningún cargo de conciencia.

Señor Anónimo, xa acabo o discurso: teña moito coidado coa liberdade de expresión dos demáis, que vén sendo a mesma da que vostede disfruta ou sofre. E atentos todos, que pronto o slogan do banco laranxa (libertade igualdade rentabilidade) estará gravado nos programas dos partidos todos. Iso si que vai ser a viga no propio.

Hala, xa me enrrollei de volta e sospeito que con pouco sentido. Espero que se me entenda. ¿Ve señor Folerpa como lle usufructúo o bló? E agora si que fago o chiste: se tan mal lle senta que me enlee no seu espazo, faga o favor de dicirmo pero evite promover a miña deportación a Cuba.

¡Saúdos!

R.R. disse...

Señor Anónimo: por se se lle esperta a tentación de falar de amiguismo, camarillas ou cousas semellantes aí lle vai o que o señor Jaureguizar opina dun servidor:

http://elprogreso.galiciae.com/nova/4270.html

O cal non nega que o feito de que se o levaran a Cuba e se puxese a falar de libertades para escritores encarcerados naquel país non me parecese ben simpático e oportuno. Cuba, e as Jespañas, o noso país galego (ou naicón) e máis os Iunaitedestéis son perfectamente criticables, ho, aproveite mentres poda.

folerpa disse...

r.r., como sei que gsutas de Mark Twain e do seu príncipe e o seu mendigo, estou pensando en propoñerche un troco de blogs, eu fago posts sobre fotografía e ti das toda a kaña que precisa a cultura galega.
Por certo, sempre será ben recibido nesta pousada, aínda que os seus comentarios tripliquen aos do titular.Telo a vostede no banquillo é un luxo co que me honra.
Unha aperta.

R.R. disse...

Eu escribir escribiría (nomeu bló, e doutros temas), pero é que me poño a falar en casa allea e non dou feito...

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Falar sobre as ausencias, coido que tampouco ten importancia, ou tanta importancia. Na LIX, levar, por exemplo, a Fernández Paz, Docampo e Neira Cruz é levar a tres moi bos escritores, máis que dignos representantes da literatura galega. Se os convidaron, ¿por que non van ir? Meter un para sacar outro sería entrar nunha discusión miserenta.
O caso é pensar, como di o señor das alfaias, no tipo de "política" cultural que se pretende levar a cabo. O gasto desta viaxe non ten comparanza con outras desfeitas, tipo Gaiás. Eu, desde logo, penso que eses cartos deberían ir para a canteira e non gastalos en fichaxes "mediáticas".

R.R. disse...

Oulego, é que se comparamos co Gaiás case todo está ben feito e sae barato. Pero si, o caso é que a cousa saia ben, que dalgún xeito sirva para promocionar a literatura galega. Oxalá.

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Ir a unhas feiras servirá para moito, ir a outras para pouco, e ir a outras para nada.
Se esta presencia non se complementa con máis medidas, abundarán as que non sirvan para nada.
¿Poderían vostedes dicirme cántos libros galegos pensan que se "colocaron" a axentes e editorias estranxeiras nas visitas das editoriais galegas a feiras e demais, coa vista posta nunha traducción? Moito me temo que a un toco sobraríanlle dedos para contalos.

Anónimo disse...

:-/
¿Pois logo por qué se farán?

Anónimo disse...

aínda que non lle pareza verdade, a liberdade de expresión é algo máis serio que poder escribir comentarios -anónimos ou non- nun blog ou poder escoller entre a TVG, Venezuelana de Televisión ou El País.

os escritores galegos viaxan adoito a Euskadi, non vaian pensar: falen de Guatemala.

senón quere contestar a un anónimo, problema seu.

folerpa disse...

r.r., oulego, gardo que algún xerifalte cultural do país descubrise este animado debate e nos fiche para unha mesa redonda no CCG, ou para o pregón dunha festa patronal, ou para un faladoiro nun teleclub, ou se me apurades para unha debate nunha suite do decadente Habana Libre. Concordo que o Gaiás non se pode empregar como elemento comparativo nun debate, calquera comparanza con semellante despropósito é imposible, e levaríanos a aceptar calquera iniciativa, pois semellaría unha ganga.
Anónimo, evidentemente o de contestar ou non é un problema meu, só faltaría. Se non me expliquei ben o de non facelo, como no caso do móbil, é que me gusta saber quen é o meu interlocutor nunha conversa. Neste caso ignoro se es o mesmo que fixo o primeiro comentario, como comprenderas, así, non se pode falar.. Amais non preciso saber o teu nome e apelidos, nin o teu domicilio, nin túa relixión, nin as túas filias sexuais, cun sinxelo alcuño chégame para conversar contigo, e para saber que es ti o es mesmo que frecuenta e comenta noutros bares, en fin para coñecerte sen coñecerte. Rexistrarse non é para tanto, meu.

Anónimo disse...

Cito:
"aínda que non lle pareza verdade, a liberdade de expresión é algo máis serio que poder escribir comentarios -anónimos ou non- nun blog ou poder escoller entre a TVG, Venezuelana de Televisión ou El País"

¿Pode explicarse anónimo número 2? ¿A quen quere insistirlle en que a liberdade de expresión é un asunto serio? Pola miña parte téñoo ben claro, parece que o señor Folerpa tamén e o señor Oulego nin mencionou o tema. ¿Fala co anónimo número 1? Pois paréceme que el tamén o toma en serio. Temos un problema de lectura, de comprensión ou algo. Eu, sinceramente, non entendo a súa intervención, anónimo número 2.

Señor Folerpa. Mire que nos dá para falar o asunto cubano. O caso é que no fondo estamos jodidos, qué carallo. Así que unha compensación en forma de mesa redonda (metafórica) sería ben recibida. Pero teriamos que levar ós anónimos, que hai que recoñecer que dan xogo.

Saúdos.

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Hoxe veño cabreado.

Cajo na tos!

Quitan o Xabarín da TVG. Quitan os carteiros do rural. Isto non ten xeito. A fin do mundo. Nostradamus anda entre nós.

Señor alfaias, apúntome ó debate, pero eu son do rural, así que prefiro o teleclube. Prepararei unha ponencia sobor dun dos meus escritores preferidos, que se chama Reinaldo Arenas, cubano por máis señas. Ten un libro cojonudo, que teño na mesa de noite: Cantando en el Pozo. Así matamos dous paxaros dun tiro: viaxe imaxinaria a cuba (grolo de augardente no canto de margarita) e liberdade de expresión.

Falando cunha moza cubana hai uns días, que gusta da literatura e do cinema, comentábame que en Cuba as mulleres hai tempo que descubriron que facer cos xornais de propaganda do réxime: empregalos como compresas. Como non poden mercar compresas cando teñen a regla, usan xornais. Para que contar máis... Cantando en el pozo, cantando en el pozo...

R.R. disse...

¿Cómo é iso de que eliminan os carteiros do rural? ¡Que a min tamén me toca (os juevos, concretamente)!

¡Chst, coidado!, que se imos entrar no asunto económico cubano hai que recoñecerlles que a resistencia ó máis que ilexítimo bloqueo dos iueséi é ben eloxiable. Xa sei que vostede ía polo outro lado, o do que merece a propaganda, pero iso mismo deberamos facelo aquí con bastantes publicacións. Eu,a lternativamente, úsoas para avivar lumes, como os que as fan pero sin metáfora.

Saúdo.

Vai falarlles agora un meu fillo(dous anos):
mmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmmnmmmmmmmmmmmmmm bbbbbbbbbbbbbbbbbbbb

¿ qué llespa r ece

Anónimo disse...

aquí hai nivel, si señor

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Teña coidado, señor Premio Nacional, non o vaian acusar de vangardista.

Anónimo disse...

Señor Folerpa: voulle dar a razón no de non contestar ós anónimos porque é que eu xa estou feito un lío... Este último xa non sei... Nada, iso. Que leva razón, Folerpa.

Oulego: pois é posible, algunha cousa desas saída do meu teclado anda por aí solta. Terrorífica. É que non se me dá, escribo cousas vellas.