sexta-feira, janeiro 25, 2008

O cambio esvaecido


Somos moitos os que nos sentimos moi decepcionados coa política cultural do ¿bipartito? Esta nova, sobre o enterramento dese tótem telúrico na nosa identidade nacional que é o dólmen de Dombate, serve como perfecta metáfora da nosa decepción. Algúns xa se atreven a manifestalo, con certa timidez, en público, hoxe no Luces do País, curiosamente nunha reportaxe sen firma ao que da réplica automática Ánxela B.

3 comentários:

Anónimo disse...

Moi tristes sí. Queriamos unha gran festa do idioma no día das letras galegas como fan en Cataluña, pero os benegallos vanse de vacacións eses días,e que pasa co aborto de Nova Galega de Danza.
De tódolos xeitos, a Bugallo é riquiña, peor é a política de benestar e a de vivenda.

Anónimo disse...

As veces é mellor deixar enterrado aquelo que non se vai a manter. ¿Cantos casos de abandono hai de xacementos arqueolóxicos que quedan expostos a intemperie e os vándalos?.

É unha pésima costume o de desenterrar, alucinar e abandoar. Mellor localizar, rexistrar e protexer.

Digo eu...

folerpa disse...

hal,dada a evidente desidia con gran parte do noso patrimonio histórico, case lle vou dar a razón.Como dirían os Marx. ¡ Terra, máis terra!
Anónimo,eu non entro na política de vivenda, malia que vivo de aluguer, teño máis de 35 anos. O de riquiña non sei se a Conselleira o tomará coma un cumprido ou non.