...segundo afirmaban os maias e os hopis nos seus calendarios solares, e tamén recolle a cábala xudía e a tradición budista e hindú, o 21/XII/2012 será o día da fin do mundo. En calquera librería poderedes atopar abondosa bibliografía sobre o tema nos estantes adicados á ¿divulgación científica?
Seica ese día remata un ciclo de 26.000 anos no que o sol acadará a súa máxima actividade e o noso sistema solar achegarase ao mesmo centro da vía láctea. Non sei que dirán os profetas Arrabal e Rabanne ao respecto.
Por todo iso, e por se acaso: ¡¡ Felices próximos catro anos !! Gozade canto poidades. Carpe diem.
3 comentários:
Feliz ano para ti tamén. Aquí che deixo algo para ler http://sonatures.blogspot.com/
Mimadriña, que puntualidade. Ese "ciclo de 26000 anos" de que falan remata xusto xusto xusto nese día en concreto!
Isto faime lembrar que lle debo unha Guía do ceo ;-)
Pois non me volvo duchar.
¡Feliz futuro! (O bo se breve...)
Enviar um comentário