terça-feira, dezembro 23, 2008

Matar a un reiseñor



Hai tempo que non a vexo, tampouco Verán do 42, pero é un filme que teño mitificado da miña infancia, un filme que debería ser de visión obrigada nas escolas. Todo nel é perfecto, comezando por estes extraordinarios titulos de crédito deseñados por Stephen Frankfurt, a musica de Bernstein, Atticus , os nenos, Duvall e o repelente paxe de Truman Capote, amigo da infancia da malograda Harper Lee, autora da novela. Remata o ano e morte do seu director trae unha melancólica airexa de tempos vedraños.

2 comentários:

Anónimo disse...

A música dese vídeo non é a orixinal de Elmer Bernstein. Botei uns minutos na procura dun vídeo fetén onte á noite, e acabeino atopando en Dailymotion.

folerpa disse...

Seino, Martin pero no tubo era o que había.