terça-feira, dezembro 02, 2008

Que veñen os rusos...


... e tamén os xubilados de Florida a quen lle pagaremos a peaxe da AP9 (72 millóns de € por ano) ata o 2048 (grazas á prórroga do infausto Ansar na concesión) para que eles tomen o sol nos Everglades e beban mojitos feitos por barmans cubanos.

Supoño que o Citigroup estará investindo parte dos cartos cos que xenerosamente os agasallou o vaqueiro Bush na operación. Entrementres, os políticos galegos cacarexando coma galiñas chocas corricando polo curral sen saber que facer e as caixas galegas, que deberían estar para estas cousas, gozando dunha carteira industrial de participacións en moitos casos de dubidoso ou nulo interese estratéxico para este país. Así nos vai e así seguiremos, sufrindo arreo os atascos na ponte de Rande, un firme nefasto e unha peaxe desorbitada na primeira arteria viaria da nosa terra, que carece a ademais de calquera outra alternativa viable (o da N-550 é de arrepío).

Aínda que moitos non o crean , hoxe é un día triste. Estragouse unha oportunidade de controlar o noso destino, de que sexamos nós os que fagamos este país. Unha mágoa.


1 comentário:

xOsedorrio disse...

Iso digo eu... non é que tiñan problemas financieros hai uns días? E agora gastando cartos polo mundo adiante.

Está claro de que vai todo isto. As empresas dos EEUU están aprobeitando a crise e os derradeiros meses de Bush na Casa Blanca para sangrar os aforros que lles quedaban as familias no seu haber.