quarta-feira, dezembro 10, 2008

U-la literatura galega


Parto da base de que a AGE é moi libre de artellar os seus premios como lle pete. Mais tamén penso que os mesmos están, non só para premiar ao mellor, senón para destacar e visibilizar ante público o mais relevante da produción editorial galega da última témpada, por iso é un chisco sorprendente a selección dos finalistas do premio Anxel Casal ao libro deste ano. Vexamos:

1º Son moitos finalistas, sete. Se lle queren dar certa cobertura mediática resulta imposible. A xente lerá a nova nos xornais que se dignen a sacala e non quedará con titulo ningún na cabeza.

2º Entre eles hai dúas obras de consulta, un ensaio, un albúm ilustrado e un comic. Só hai destacable na colleita literaria do ano o libro de Caneiro e de Docampo?

3º Non hai ningunha obra de teatro nin poesía entre eles.

Amais existe unha categoría específica para o libro ilustrado, que me parece moi ben dada a relevancia das nosas editoriais nese eido. Pero porque non hai unha de poesía ou de teatro ou de ensaio tamén? Por que non eliminar este caixón de sastre e facer unha categoría específica para cada xénero?

En fin penso que todo isto supón estragar o que debería ser o evento anual máis relevante das nosas letras.

2 comentários:

xOsedorrio disse...

Para o elexir o libro do ano non se pode ter en conta o seu xénero, iso sí, concordo con vostede que faltan categorías.

R.R. disse...

Pois si que chama a atención si. Aínda que a min, sinceramente, o da exclusión do xénero dramático xa non me chama nada a atención: nin en premios non específicos, nin en memoriais polos dereitos humanos, nin en recomendacións de libros para ler no verán ou no nadal, etc.

Pero si, fóiselles ben a man, foi...