terça-feira, fevereiro 10, 2009

Cocido madrileño II


Non o vira ata o de agora e aínda que poida ser un chisco reseso teño que comentalo.
Dalgúns opinadores e dos titulares dalgúns xornalistas xa sei o que me espera, pero destes dous non o agardaba. A tira dá unha visión sesgada, parcial e reducionista do acontecido o domingo en Santiago. Toma partido, sinalando aos bos e aos malos. Castelán si, galego non. Incluso na caracterización dos personaxes, elegantememente traxeado un e con rasgos porcinos o outro. Calquera que vexa os videos pendurados na rede e as fotos sabe que iso non se axusta a realidade. En fin, unha verdadeira mágoa. OINK, OINK!

5 comentários:

Mario disse...

A cantos manipuladores dá de comer o xornalismo, mamaíña...

Anónimo disse...

Home, para xornalismo porcino, esto:

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/02/07/00031234043299215675436.htm

publicado "casualmente" o día da manifa.

folerpa disse...

Abofé que si, Mario.
Edu, xa olera pero no hai maior desprezo que ignoralo.

R.R. disse...

Si si, ignoralo si, pero mire o número de votos e estrelas que ten. Iso si que mete medo. Claro que a xente non vota só polo asunto lingüístico, claro...

Anónimo disse...

Tampouco eu o agardaba de Pinto e Chinto. Debe de ser moi forte a presión de quen manda no xornal. A manipulación, ademais do que xa comentastes, é tremenda: os bilingües somos os galego falantes; os traxeados ds viñeta propugnan o monolingüismo en castelán. O peor é que Pinto e Chinto saben isto: ás veces debe ser moi duro gañar os garavanzos.