terça-feira, fevereiro 17, 2009

Vinte


Un, dous, tres, catro, cinco, seis , sete, oito, nove, dez, once, doce, trece, catorce, quince, dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove e vinte foron os metros que separaron aos rapaces e mulleres do caiuco de Teguise dos seus soños. Unha distancia infinda, un delgado fío entre a arela e o pesadelo, entre a vida e a morte.
Non é dificil de imaxainar que para algúns destes rapaces fora o seu segundo ou terceiro intento, tras seren expulsados nunhas desas razias ordeadas por un goberno que di ser progresista e de esquerdas, e que converte aos axentes de policías en cazadores de cabeleiras negras e mouras. Que noxo!

3 comentários:

cneirac disse...

20 é tamén o número de minutos adicados ao asasinato da rapaza sevillana por cada minuto dedicado a estoutra noticia.

folerpa disse...

Aí falaches, Calidonia, pero por desgrza son moito máis de vinte

R.R. disse...

Avergóñame un pouco pensar que aí mesmo andaba eu hai un ano e pico a bañarme tan contento...