sexta-feira, fevereiro 13, 2009

Galegos coma vós



A máis lúcida e autocrítica reflexión sobre a mani e os incidentes en Santiago faina Cesare. Confeso, que pasada a carraxe inicial polo que vin e escoitei ese domingo, e reflexionando devagar ten máis razón cun santo. Supoño que a distancia con que observa todo lle permite esa claridade, máis se o poñemos en directa relación con esta nova.

3 comentários:

Anónimo disse...

Seguramente teña razón Cesare no da necesidade de abordar un debate serio sobre o galego e o ensino, pero sen renunciar nunca a unha conclusión: a unha posición prevalente do galego. Non comparto a equidistancia da anotación. Cando se trata de defender e preservar a nosa lingua, que para min é o mesmo que dicir a nosa cultura ou dicir Galiza, non caben equidistancias. O dereito dos pais a escoller a educación non é nin pode ser ilimitado, non pode servir de base para ferir de morte o idioma igual que non podería amparar unha educación contraria os dereitos humán, fascista ou racista. En Galicia o galego ten que estar sempre a salvo non pode ser moeda de cambio para ninguén , goberne quen goberne. Doutro xeito non existiría o galego nin existiriamos nós.
Galegos coma vós? Coma min dende logo non. Eu non me avergoño de selo. Non trato d ocultalo na miña vida cotiá.

folerpa disse...

O que falte é coraxe política para afrontar este asunto, herba.Unha das grandes asuntos pendentes do bipartito é este. Eu tampouco son galego coma eles, que aldraxan a nosa lingua. Confeso que neste tema son moi belixerante e ata intolerante. Pero é que me...calo por non xurar.

Anónimo disse...

Confío en que os rigorosos e severos raios da xenreira e a vergoña non poidan nunca fundir esas imprescindíbeis folerpas de belixerancia.