quarta-feira, abril 29, 2009

A aceifa...


...xa comezou e o gran caudillo das hostes da amabilidade lingüística baixou o seu polgar condenando a morte a todos aqueles infieis que non falén en cristián.

(Sobre a ilegalidade da medida os seus complacentes asesores xurídicos poden dicir misa pois dende o primeiro ano de facultade aprendiase que una norma de rango inferior non pode derogar unha superior como se pretende facer: a orde presidencial, xa de por si de dubidosa legalidade competencial, de que a inspección de educación dite tal circular supón unha derogación ímplicta do decreto do galego, pasándose polo forro toda a xerarquía normativa. E mentres tanto o
modelno conselleiro de educación mirando cara a outro lado e precupándose das subvencisóns dos colexios do Opus que discriminan por razón de sexo ao seu alumnado. O outro día o mestre Xabier Docampo chamabanos a resistencia pácifica, pero isto pinta moi mal, as agresións sucédense unha tras outra. Imos ter que tomar as armas, é a nosa lexítima defensa.)

4 comentários:

Luquitas disse...

Cando se enlaza a páxinas obscenas é bo advertilo para que as xentes de estómago sensible entremos co corpo preparado e unha birra no sangue. ¿Qué fai vostede lendo La Libertad Digital? Claro, logo ponse a falar de armas e a pintar todo de vermello.

Vou ser optimista: perda coidado, por sorte á maioría dos galegos súdalla o asunto idiomático, para o bo e para o malo, e falan galego porque lle sae d@s aquel@s. Por outra parte, no tocante á situación do idioma nos medios, no ensino ou no mercado editorial, será difícil que a cousa vaia a peor por moito que MisterBean e as súas hostes bífidas se empeñen. A realidade halles de dar ben polo cú, ou iso é o que eu lles desexo.

Veloso disse...

Eu levo unha mañá emocionalmente moi inestable. Xa pasei da ira á melancolía e agora mesmo ando polo nihilismo. Pertencemos a un pobo suicida, pero a min non me van convencer. Temos que seguir esixindo os nosos dereitos, sen descanso, con absoluta firmeza. E é fundamental que se saiba que a defensa do galego non só nos interesa aos catro "radicais" de sempre. Ten que haber xente no PP e no PSOE moi magoada por estas decisións, estou seguro. O caso é atopalos e conseguir que o digan publicamente. E alguén lle debería explicar a Feijoo que o que xoga con lume (c´est à dire, a COPE, Intereconomía, Pedro J e similares) acaba queimado. De verdade, estou moi decepcionado. Pensei que este home era máis listo. Ao final imos estrañar a Fraga.

A Madriña disse...

Triste día para todos, galegos e castelán falantes. Un dia triste paro o pais e unha vergoña. Unha mágoa, haberá que esperar para ver a 1ª xeración que desvincule o idioma do feito político ( e nós ilusos, que pensabámos que sería xa a dos nosos fillos).
A Madriña vos bendiga a todos
(hoxe, a "casi" todos)

Anónimo disse...

Hi, as you can see this is my first post here.
Hope to get any help from you if I will have some quesitons.
Thanks in advance and good luck! :)