terça-feira, abril 28, 2009

A culturiña


A nosa non é unha Cultura con maiusculas, é unha culturiña para andar pola casa en bata e chinelas e non saír nunca a rúa, non vaia ser que nos avergonce ou se arrefríe. Unha culturiña de corpo 12 que xamais acadará a altura precisa pois só mirá para os seus pés e cae seguido no vitimismo. Unha culturiña chea de artistiños locais que cortos de miras nada teñen que dicir alén do Padornelo. Unha culturiña de escritores que se limitan e porfían teimudos en empregar unha neolingüa, un dialecto artificial conservado grazas a un feixe de labregos analfabetos. Unha culturiña á que, de cando e vez, lle chove un premio nacional, pero só por aquilo de gardar as formas.
Somos un fato de limitadiños que precisamos dun berniz cosmopolita e políglota como o do que presume o Conselleiro de Turismo. Como seica ainda ten chea de cocacolas e sandwichs de polo a neveira da súa casa en Nova Iorque, podería ir organizando nela estadías e residencias de artistas e escritores galegos. Así poderíamos caer da burra dunha vez e unirnos a esa gran Cultura global, que é o que este país precisa para sair dunha vez por todas do seu atraso secular.

4 comentários:

sHs disse...

Que entrada, a de Varela II!!!!

folerpa disse...

sHs,algúns están desacougados e levan razón, pero tamén ímolo pasar pipa.

R.R. disse...

Joder, señor Folerpa, non sabía eu do seu gusto polo sadomaso.

folerpa disse...

A tanto non chego, r.r., quédome no bondage.