segunda-feira, abril 13, 2009

Vento nas velas!


Esta frase da que tanto gusta o meu editor Manolo Bragado, e o único que se me ocorreu dicir, amais de dar os oportunos agradecementos, cando hoxe me comunicaron que a Sección de Crítica Literaria da AELG propuxo o meu Festina Lente para os Premios de narrativa e poesía galegas que a Asociación Española de Críticos Literarios fallará o vindeiro día 18 de abril en Santander. E aínda me honra máis que na proposta me acompañe a gran Chus Pato.

15 comentários:

Martin Pawley disse...

Agardo que aínda veñan máis. Parabéns, amigo!

folerpa disse...

Obrigado, meu benquerido lector.

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Sorte, meu amigo. Seguro que o gaña.

Carlos Callón disse...

Parabéns e sorte!

folerpa disse...

Graciñas, arume, carlos.

Veloso disse...

Xa sei que sempre lle envío a mesma mensaxe, pero non me deixa outra opción: novamente, parabéns!

R.R. disse...

Beeeeeeennnn!!!!

Noraboa, para variar ;-)

Mario disse...

Encántame ter que pasar por aquí para estas cousas. Moitos parabéns, rapaz!!!

Alfredo Ferreiro disse...

Que quede claro que, aínda que se leva como proposta como obra narrativa a premiar na Asociación de Críticos de España na sección de obras en galego, na reunión do 18 en Santander non cabe a posibilidade de que haxa outra proposta diversa: esta é a proposta da Crítica Galega, a única que pode propor obras no ámbito deste premio. Así que, con todo fundamento, parabéns!

folerpa disse...

Graciñas, meus

Anónimo disse...

nunca escribín aquí, pero veño sempre. estou rematando festina lente e estame a gustar moito, así q parabéns merecidos.

folerpa disse...

Anónimo, graciñas, pero estaría mellor deixar un nome ou un alcuño: adoito facer sorteos entre os lectores agradecidos ;-)

Anónimo disse...

é q son moi tímida.

Anónimo disse...

Noraboa polo premio da crítica.

Ramón

Xaime disse...

Noraboa. Que sexa o primeiro dunha rea ben grande