quarta-feira, janeiro 18, 2006

Comparanza

A pesares do que din os poetas e os namorados, existe algo mellor que o primeiro amor: a constancia do definitivo.

10 comentários:

máis alá disse...

Mellor é que esa constancia non sexa tan definitiva. O amor hai que coidalo cada día como si fose a fuxir pola noite.

Laurindinha disse...

Non nos deas envexa, Alfaias...

llll disse...

qué ben que digas iso. inda que a constancia do definitivo ás veces manche e desgaste, como as vellas películas en superoito.

pero estou dacordo contigo.

folerpa disse...

a constancia de encirrar noite a noite ese lume e mancharnos coas súas cinzas para renacer unha vez máis ao día seguinte no outro e volvelo a acender cunhas faíscas, botarlle despois piñas e carozos e cando as lapas aloumiñen os nosos corpos desgastados polo paso do tempo chimpar a leña devagar para non afogalo e afogarnos no seu fume eterno

Veloso disse...

Existe?

Anónimo disse...

O primeiro amor ten unha boa prensa excesiva. Eu decidín saltarmo e empezar polo segundo.

Anónimo disse...

Que razón tes Folerpa, non teño máis que engadir.
Unha aperta.
:)

Anónimo disse...

Definitivo. Un termo moi rotundo para o amor. Posíbel pero rotundo. Gústame mais constancia. A constancia dun amor que tí elixes tódolos días. E suscribo o que dí Edu. O primeiro amor ten unha prensa excesiva.

hojasdehierba disse...

eu nunca digo esas cousas... porque sempre rematan por dicirme que nunca se pode saber. E eu quero seguir a pensar iso mesmo.

llll disse...

agardo que non lle chamedes primeiro amor ó primeiro sexo compartido, porque entón o meu primeiro amor é mellor olvidalo.